O presidente e as vicepresidentas do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara, Isabel Fraga e Carmen Rodríguez, mantiveron este mediodía una xuntanza coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na que abordaron, entre otros temas, as accións conxuntas que levarán a cabo en 2022, ano no que Santiago é a capital española da economía social. Deste xeito, no encontro, celebrada en Santiago de Compostela, acordaron reforzar as actividades que forman parte do Plan operativo anual do Foro e que financia a Xunta a través dun convenio de colaboración que se asina anualmente e co programa de axudas destinado a apoiar o labor das asociacións que forman parte da economía social.
O Plan operativo anual inclúe tres liñas estratéxicas con accións diferentes para cada unha delas. Do que se trata é de, en primeiro lugar, visibilizar a economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos; representar os intereses deste modelo empresarial; e, como terceira liña, xerar as condicións para o desenvolvemento das entidades de economía social a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación pública.
Entre os temas tratados na reunión, Celso Gándara tamén falou da idoneidade de incluír na programación de actos con motivo da capitalidade de Santiago unha exposición itinerante que poña en valor a historia da economía social en Galicia e que, ao mesmo tempo, xere identidade.
Ao longo das próximas semanas concretaranse máis actividades que poñan o foco mediático neste modelo económico aproveitando ese escaparate que brinda a capitalidade.